lunes, 21 de julio de 2014

PRESENTACIÓN III RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN


Agrádanos enormemente estar un ano mais escribindo estas liñas, xa que eso quere dicir que a data para a celebración da III RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN está moi cerca. A edición deste ano volve a celebrarse no mes de setembro pero nesta ocasión na segunda semana, concretamente o domingo 14.

Un ano mais a organización da proba correspóndelle a Asociación Cultural, Medio Ambiental e Deportiva O ESQUIO NO PIÑEIRO de Brión, que vai contar coa colaboración da PISCINA CUBERTA MUNICIPAL DE BRIÓN  e do CONCELLO DE BRIÓN. Para este 2014 decidiuse manter a esencia da proba inicial mantendo unha distancia apta para tódolos públicos, independentemente da capacidade física e da forma (45 km) e un circuíto mais esixente e que fará as delicias dos bikers mais experimentados (65 km).

Como novidade nesta edición, e malia que a proba entendese como NON COMPETITIVA,  a organización vai entregar trofeos aos tres homes e tres muller que primeiro crucen a meta tanto na modalidade de RUTA como na de MARATÓN. Ademais tamén serán recompensados os/as participantes (masculinos e femininas) mais novo/a e mais veterano/a e o club con presenza mais numerosa.

Aínda é moi cedo para desvelar sorpresas, pero como adianto, podemos ir salientando que tódolos participantes recibirán obsequios conmemorativos da ruta, disporán de varios avitullamentos tanto sólidos como líquidos e haberá unha comida de confraternización unha vez remate a mesma.

As inscricións estarán abertas on-line dende o día 1 de Agosto ata o 7 de Setembro e o prezo por participar é de 10€ o que tamén dará dereito a vestiarios, duchas, aparcamento gratuíto e a utilizar libremente as instalacións da piscina municipal unha vez que remate a proba.

3 comentarios:

  1. O vindeiro día 7 de Setembro pecharemos as inscricións e ó día seguinte, o día 8, colgaranse as listas provisionais de pre-inscritos. Durante toda esa seman poderanse facer as queixas e reclamacións pertinentes. Desculpade as molestias

    ResponderEliminar
  2. noraboa a toda a organización e colaboradores. E a primeira vez que participo na vosa BTT pero gustoume tanto o recorrido como a organización. O dito noraboa!!!!!!

    ResponderEliminar