NORMAS INSCRICIÓN

INSCRICIÓN "IV RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN"

Recorda que debes leer detidamente toda esta información a fin de realizar correctamente a túa inscrición

1.- Para participar nesta ruta debes ser maior de idade, ou vir acompañado do pai/nai/titor e traer unha autorización firmada por este.

2.- O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o día 1 de Xullo ata o 4 de Setembro de 2015, ou unha vez que se completen as prazas ofertadas pola organización: CRONOESCALADA: 150 prazas | DUATLÓN CROSS: 150 prazas | RUTA BTT: 300 prazas

3.- Non se aceptarán inscricións fora de prazo (en ningún caso), nin por outro medio que non sexa o formulario da web.

4.- Para inscribirse e necesario que pinches no botón "inscrición" situado no pé desta páxina e cubras todos os datos que se requiren. Os marcados con * son obrigatorios.

5.- No apartado de proba tes todas as opcións nas que podes participar, escolle aquela que esteas seguro que vas a realizar xa que unha vez feito o pago non se aceptarán cambios nas opcións de participación. As distintas opcións son: CRONOESCALADA | DUATLÓN CROSS | RUTA BTT | CRONOESCALADA + DUATLÓN CROSS | CRONOESCALADA + RUTA BTT.

6.- Optarán ao trofeo de "clube mais numeroso" aqueles participantes que se inscriban co mesmo nome de clube. Independentemente na proba na que participen. Para facilitar as cousas a organización, os participantes dun mesmo clube deberían inscribirse todos xuntos.

7.- Unha vez cubertos todos os datos do formulario preme o botón enviar e espera a que apareza unha mensaxe de estar correctamente pre-inscrito, logo desto debes ingresar a cota (8€ CRONOESCALADA | 12€ DUATLÓN CROSS | 12€ RUTA BTT | 15€ CRONOESCALADA + DUATLÓN CROSS | 15€ CRONOESCALADA + RUTABTT) no número de conta ES42 2080 0327 4130 4000 8195 [//ABANCA] indicando no concepto "DNI+NOME E APELIDOS DO PARTICIPANTE". Acto seguido debes remitirnos por correo electrónico unha copia do recibo bancario onde se poida comprobar o ingreso realizado (oesquio@gmail.com). Recorda que a praza para participar na ruta non se fará efectiva ata que os membros da organización verifiquen que o ingreso foi realizado correctamente e che confirmen a mesma a través de mail.

8.- A inscrición na proba supón a total aceptación das bases da "IV RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN". Ademais os participantes na IV RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN comprométense en todo momento a mostrar unha conducta “fair play” e a levar durante a realización da mesma un comportamento leal e sincero ademais de correcto no deporte, en especial fraterno cara o contrincante, respetuoso coa organización e correcto cos asistentes.

AS INSCRICIONS ATOPANSE PECHADAS DENDE ÁS 00:00 h. DO DIA 05/09/2015