CAMPAÑAS

CAMPAÑA "SEN DORSAL NON PARTICIPES"

Dende a organización das marchas cicloturistas IRATI XTREM e PIRENAICA, xunto cos organizadores dos eventos adheridos, queremos continuar unha campaña de mentalización para que quen non se inscriba a un evento, non participe en el sen dorsal, ou con un dorsal falso, ou co dorsal de outro.

Vemos como cada ano temos mais "participantes sen dorsal" (non inscritos) nos nosos eventos e sabemos que este problema non é exclusivo das nosas marchas nin do noso deporte. Por elo, as organizacións que firmamos este manifesto cremos que temos que empezar a tomar medidas.

A Asociación Cultural, Medio Ambiental e Deportiva O Esquio no Piñeiro e a RUTA BTT RIO TAMBRE - BRIÓN firman este manifesto co Nº 131.

>> No seguinte enlace podes ler o manifesto completo.

CAMPAÑA "¡NON TIRES NADA!"

A organización da RUTA BTT RIO TAMBRE quere dotar ao desenrrolo da proba de un carácter marcadamente medioambiental e respetuoso co entorno. De todos é sabido que a pegada ecolóxica da proba pode chegar a ser moi perxudicial para o equilibrio medioambiental dos diferentes entornos polos que discorre se non se toma ningunha medica que atenúe este efecto. Os residuos que se xeneran, unidos a actitude pouco correcta de algunhas persoas, fan inevitable que a organización teña que adicarlle numerosas horas a limpeza do percorrido posteriormente a celebración da ruta.

Queremos que o monte quede como estaba, como se non pasara nadie por el. Por todo elo nesta edición a organización será moito máis dura con todos aqueles/as que non están concienciados co coidado do medio ambiente, a proba está pensada para que disfrutedes do seu percorrido e dos maravillosos sitios polos que transcorre. Este ano seremos moi estrictos, a organización ten o dereito e a obrida de retirarlle o dorsal, e por conseguinte eliminar da proba a todos aqueles que tiren lixo ao longo do percorrido. Nos avituallamentos e na liña de meta haberá contedores suficientes. Coidar a natureza e cousa de TODOS, non só da organización.

Para que vos fagades unha idea, sabedes canto tarda a Natureza en reciclar?

1 papel - 6 meses
1 fosforo - 7 meses
1 Filtro de pitillo - 2 anos
1 Chicle - 5 anos
1 Ferro - 10 anos
1 Botella de plástico - 100 anos
1 Botella de vidro - 400 anos
1 Lata de refresco - Ilimitado

APARTE DE RESPECTO E CARIÑO O NOSO MONTE NON PRECISA DE NADA DO QUE TI TRAES!!


CAMPAÑA "ABRE OS OLLOS E PROTEXE AO CICLISTA"

Son solo 5 segundos. Conductor, cando vexas a un ciclista na estrada, por favor, reduce a velocidade e mantén a distancia de seguridade lateral de 1,5 metros (podendo rebasar a liña continua), e non adiantes ao coche que che precede se polo carril contrario ven un ciclista. Non nos mates... temos familia cando chegamos ao casa.

>> Facebook da campaña